Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO DEBATE SOBRE FINANZAMENTO ECONÓMICO

O PSdeG di que Galiza nin é un país pobre nin precisa caridade do Estado

Segundo Antón Louro a balanza fiscal só responde ao carácter progresivo e redistributivo do sistema fiscal español.

Redacción - 10:15 16/07/2008

Os socialistas galegos cren que os resultados desta balanza fiscal eran previsíbeis: en Galiza o nivel de renda é máis baixo e ao Estado tócalle realizar gastos superiores aos ingresos acadados neste territorio. O coordinador dos deputados socialistas galegos no Congreso, Antón Louro, explica que este cálculo se basea no carácter progresivo e redistributivo do sistema fiscal español.

Doutra banda, Louro fala da complexidade da metodoloxía empregada. No estudo da balanza fiscal interveñen moitas variables, polo que o goberno decidiu seguir a decisión adoptada polo Grupo de Expertos do Instituto de Estudos Fiscais. Ademais, os socialistas galegos consideran que as balanzas fiscais deben garantir que todos os territorios teñan recursos suficientes para financiar os servizos públicos básicos que prestan á cidadanía, polo que é de lóxica que non sexa equivalente a cuantía económica que se achega á caixa común que a que se recibe dela. Neste sentido, Louro subliña que Galiza non é un país pobre nin precisa caridade do Estado, senón que a súa balanza fiscal responde a dúas das conquistas da nosa democracia: o sistema de solidariedade entre territorios e o Estado de Benestar.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: