Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Concertos

De Revenidas á Chaira, verán de xolda

Esta fin de semana has de atopar festivais de música por todo o país. Por suposto, de balde.

Redacción - 11:15 19/07/2008

Non penses que o verán remata en Ortigueira ou en Caldas. Se aínda non esmoreceches e tes ganas de xantar e de bailar, colle folgos que quedan festivais para tempo.

Revenidas (Vilaxoán, Pontevedra)
E vai a quinta edición das modernas Revenidas, actividade que se vén realizando en Vilaxoán, concello de Vilagarcía. Un festival e unha exaltación gastronómica.

Con actuacións de Ataque Escampe, Som do galpom ou Galegoz entre outros; sardiñada, animacións, zancudos, monociclos, malabares, percusión, títeres...

Bótalle unha ollada á axenda.

Sons do vento (Melón, Ourense)
Vénche moito aire do norte!! Chega a sexta edición deste festival do concello ourensán de Melón. Este ano queren ir un pouco máis alá, e amosar músicas que se fan no estado español, empapadas da tradición galega e músicas da nosa terra. Actuarán os Skarnio, Malatesta e máis.

Festival da terra e da lingua (Narón, A Coruña)
Na defesa do territorio é a lenda escollida para a oitava edición do festival da Fundaçom Artábria. O VIII Festival da Terra e da Língua será, coma sempre desde 2001, no Muíño de Pedroso. Coas actuacións dos Ulträqäns, Cuchufellos, Machina e máis. Mirade ben porque tamén haberá monicreques, e campionato de billarda, e matraquiños...

Festival da Chaira (Baltar, Lugo)
Este sábado, a asociación cultural a Chaínza (xente nova da bisbarra da Terra Chá), organiza o Festival da Chaira en Baltar, A Pastoriza. Os Som do Galpón, que saíron un día da Moniña para facer concertos e xa non voltaron máis á casa, Quempallou e Leña verde, e...


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: