Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No xulgado mercantil da cidade

Martinsa-Fadesa presenta a solicitude de suspensión de pagamentos na Coruña

A empresa ten aínda sede social na cidade herculina, polo que os seus representantes achegarán aquí este martes a petición de concurso voluntario de acredores.

Redacción - 13:50 15/07/2008

Do equipo de 880 traballadores directos, Fadesa ten na actualidade na sede da Coruña un total de 181 empregados. Outras 28 persoas traballan noutros puntos do país. Segundo os datos do comité de empresa, nesta sede houbo 140 baixas o ano pasado, incluídos 38 traslados a Madrid e 33 externalizacións a outra compañía do departamento de informática. Este ano, 34 empregados perderon xa o posto, e a inombiliaria preparaba un expediente de regulación de emprego que lle afectaría a 60 traballadores.

A compañía, segundo os datos ofrecidos publicamente, conta cun patrimonio inmobiliario valorado nuns 14.800 millóns de euros e actualmente soporta unha débeda de 5.100 millóns. Na presentación de concurso voluntario de acredores decidido polo consello de administración, argumentan "graves" problemas de liquidez. Coa suspensión de pagamentos, a inmobiliaria di querer "garantir a continuidade do proxecto empresarial, saneando e reorganizando a compañía mediante os instrumentos que facilita a Lei Concursal".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: