Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Suspensión de pagamentos en Martinsa-Fadesa

Promotores e sindicatos agoiran novos casos como o de Martinsa

"Ogallá fose un caso illado", afirma o presidente da Asociación de Promotores Inmobiliarios de Madrid, quen prognostica que o sector seguirá ofrecendo exemplos de crise.

Europa Press - 13:00 15/07/2008

O presidente da Asociación de Promotores Inmobiliarios de Madrid (Asprima), Xosé Manuel Galindo, non descartou que puidese darse "algún outro caso" como o de Martinsa-Fadesa e pediulle ao goberno español que poña en marcha medidas económicas que axuden á creación de riqueza e emprego no sector inmobilario.

"Ogallá fose un caso illado e aínda que non temos datos concretos da situación doutras inmobiliarias, pode acontecer algún outro caso", afirmou Galindo en declaracións á Cadena Ser recollidas por Europa Press.

Para o presidente de Asprima, a crise que vive o sector inmobiliario "era presumíbel", aínda que recoñeceu que o que está a suceder actualmente "non estaba escrito nos libros", porque foron "factores esóxenos" os que provocaron a falta de liquidez das inmobiliarias. "As nosas empresas dependen do diñeiro, dado os volumes que moven, e se non hai financiamento ou a para en seco, a situación complícase", dixo.

Crise "sistémica"
Neste sentido, Galindo subliñou que a crise pola que pasa o sector "é un problema de todos" e indicou que, aínda que as entidades financeiras deben velar polos seus riscos, tamén deben entender que as relacións coas inmobiliarias deben xestionalas conxuntamente. Para o presidente de Asprima, o feito de que nun momento "determinado" unha compañía non poida pagar unha amortización dunha débeda non significa que esa inmobiliaria non teña capacidade de pagamento, senón que se trata dun problema "puntual e conxuntural".

Por outro lado, demandou ao goberno español medidas económicas "da forma máis eficiente posíbel" que tendan á creación de riqueza e emprego no sector inmobiliario, que, na súa opinión, é "capaz de arrastrar" a outros sectores. "Todo o mundo recoñece que esta crise non é só do sector inmobiliario, é unha crise que se pode cualificar de sistémica, transcende o local e o ámbito xeográfico que corresponde", sinalou Galindo, quen sinalou que o actual escenario cambiará no momento no que empece a haber liquidez nos mercados financeiros e as entidades poidan dar máis financiamento ao sector.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: