O Instituto Español Oceanográfico instalou no Golfo de Biscaia unha boia que permite transmitir por internet e en tempo real a información científica do Mar Cantábrico.
A boia científica dará información en tempo real
O equipo océano-meteorolóxico (chamado Augusto González de Linares en recordo do fundador do Centro Oceanográfico de Santander) atópase fondeado a 22 millas ó norte de Santander, a 2.850 metros de profundidade, de xeito que se converte na boia que se atopa a maior profundidade nas augas da Península Ibérica.
A información que transmite é de utilidade para diversos sectores, dende o pesqueiro e o náutico ata o turístico, xa que permite coñecer datos como os efectos do cambio climático, a temperatura da auga e o aire, a dirección e velocidade do vento, a velocidade da corrente , o osíxeno disolto ou a salinidade.
O Centro Oceanográfico de Santander será o encargado de ir actualizando e analizando todos estes datos cada hora, para despois colgalos na web www.boya_agl.st.ieo.es.
FWWWRANDO