Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Dende o concello chaman a denunciar

A estatua do Che de Oleiros amence pintada de amarelo e vermello

A policía local está a investigar a autoría das pintadas. Todo apunta a que os autores tiraron dúas botellas cheas de pintura contra a efixie.

Redacción - 14:25 09/07/2008
Imaxe da inauguraciónda estatua homenaxe ao revolucionario

Imaxe da inauguraciónda estatua homenaxe ao revolucionario

A estatua da Che Guevara, instalada hai menos de quince días na coñecida como rotonda Nirvana, no Concello de Oleiros, amenceu esta cuarta feira con catro grandes pintadas, feitas en cor amarelo e vermello. Ao parecer a pintura foi lanzada contra a estatua dentro dunhas botellas de vidro, que escacharon aos pés de mesma, tinguíndoa polos dous lados.

A Policía Local oleirense anunciou que xa abriu unha investigación para averiguar quen foi o autor ou autores do acto vandálico. Na zona hai instaladas cámaras de vixilancia, pero os axentes aínda non revelaron se existen algunhas imaxes dos responsábeis das pintadas.

Esta cuarta feira, na web do Concello de Oleiros podíase ler, entre os anuncios municipais, unha frase que dicía: "O mobiliario urbano é patrimonio de todos. O vandalismo, responsabilidade duns poucos. Se es testemuña, DENUNCIA".

A estatua do Che
A estatua do Che foi instalada en Oleiros o pasado 27 de xuño, nun acto que contou coa presenza do fillo do revolucionario, Camilo Guevara. Ao tempo que se inauguraba a efixie, un grupo de persoas manifestáronse para protestar contra o "malgasto" que, na súa opinión, supón o monumento, que lle custou ao Concello uns 180 mil euros.

A protesta reclamaba que os cartos gastados no Che se destinasen a outros servizos no municipio, e estaba apoiada por diversas asociacións, así como polo grupo local do PPdeG.


Ligazóns

3,6/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: