Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
O PP CORUÑÉS DEFENDE O USO DA TOPONIMIA ILEGAL

Despois de Paco Vázquez, chega o 'La' de Carlos Negreira

A pesar do voto en contra dos populares, PSdeG e BNG que decidiron rematar con anos de loitas nos tribunais pola cuestión toponímica.

Redacción - 19:00 07/07/2008

O Concello da Coruña non vai seguir presentando recursos para que se recoñeza a oficialidade de 'La Coruña'. O PSdeG e o BNG acordaron desistir do recurso de casación interposto diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra un auto de xullo de 2004 que declaraba ilegal que se empregase 'La Coruña' como nome oficial da cidade.

O executivo que encabeza Xavier Losada pecha desta significativa maneira a etapa na que o anterior alcalde, Francisco Vázquez, teimaba en gastar cartos públicos para tratar de gañar a batalla xudicial a prol do 'L'. Vázquez opúxose durante case 25 anos a empregar o topónimo galego, abrindo unha interminábel guerra cos defensores da normalización.

A dereita ofrécelle un pacto a Losada
Mais agora o PP de Carlos Negreira é o encargado de erguer a bandeira de 'La Coruña'. Logo de lembrar que o consistorio gastara máis de 300 mil euros na absurda batalla xudicial, Negreira acusou ao rexedor socialista de mudar de opinión por mor de ter un pacto cos nacionalistas.

O representante dos conservadores, que se opuxeron ao acordo plenario, aproveitou a súa intervención para acusar ao Bloque de impoñer un “estado de excepción lingüístico” na cidade, logo de que dende o consistorio anunciase que se ía galeguizar o nome dun cento de rúas.

O PP ofreceulle ao PSdeG os seus votos para que o Concello da Coruña empregue 'A Coruña' e 'La Coruña' nos seus documentos oficiais.


1,81/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: