Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nunha cita pioneira da riqueza marítima do país

Ao PP parécelle "de novos ricos" que a cultura mariñeira de Galiza chegue a Brest

A frota sae cara á Bretaña, onde Galiza será país convidado de honra na festa internacional pola que se espera o paso dun millón de persoas.

Redacción - 14:00 07/07/2008

Dornas, gamelas, botes, galeóns, buceta, lancha do xeito, traiñeira... A frota que representará a Galiza na Festa Marítima Internacional, en Brest, iniciou camiño cara á Bretaña francesa. As vintecinco embarcacións tradicionais irán por terra e chegarán aló entre o 8 e o 10 de xullo. Por outro lado, o Hidria Segundo, o barco de vapor orixinal que completa a frota, navega por mar cara ao peirao bretón.

Aló, todo está xa preparado para unha semana de actividades, en terra e mar, coa que dar a coñecer as tradicións mariñeiras galegas, e tamén a música e gastronomía do país, entre outras manifestacións culturais. De xeito especial, o 16 de xullo vaise celebrar o Día de Galicia, marcando así un fito na divulgación do patrimonio marítimo galego, cunha presenza destacada en Brest pola que a Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial leva anos loitando.

O PP critica a delegación galega
"A crise actual debería obrigar a Xunta a moderar os gastos", expuxo este luns o voceiro de Cultura do grupo parlamentario do PPdeG, Ignacio López Chaves, de paso que criticaba o proxecto e pedía que se expliquen polo miúdo os gastos orzamentados para este evento. "Moitos galegos están pasando dificultades e cústalles chegar a fin de mes", afirmou López Chaves, opinando que "non é de recibo que por riba vexan á consellaría de Cultura gastando os seus impostos en viaxes e festas". Chaves dixo ver compormento de "novos ricos" no Goberno ao tempo que criticaba o programa de exposicións, concertos, obradoiros e demais actividades que Galiza organizará en Brest, argumentando que en tempo de crise económica a Xunta "ten que dar exemplo de austeridade".


Ligazóns

4,92/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: