Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No 37 congreso do PSOE

Blanco convértese no novo vicesecretario xeral do partido

Ocupa un cargo que deixou baleiro Alfonso Guerra hai 11 anos. Tamén fan parte da Exectutiva Federal os galegos Sánchez Bugallo e Carme Silva.

Redacción - 18:30 05/07/2008
Xosé Blanco no congreso

Xosé Blanco no congreso

Nun congreso no que o PSOE teimou en profundar nas políticas sociais, o galego Xosé Blanco foi elixido novo vicesecretario xeral do partido. O até hoxe secretario de Organización do PSOE ascende dentro da formación, ocupando un cargo que deixou vacante Alfonso Guerra en 1997. A donostiarra Leire Pajín ocupará, á súa vez, o lugar que deixa o político galego, exercendo como "número 3" do partido.

Ademais, a última hora da tarde tamén se soubo de dous galegos máis que han pasar a facer parte da Executiva Federal do partido: o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo e a voceira do PSOE no Senado, a viguesa Carme Silva.

Na liña das políticas sociais
Como se escoitou toda esta semana, o PSOE continuou, no seu congreso, na liña de traballo relacionada coas políticas sociais. De feito, un dos puntos máis destacados da xuntanza socialista foi o que falaba dunha "reforma vangardista" da Lei do Aborto, que ha recoller, segundo dixo a vicepresidente primeira do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, "as experiencias máis innovadoras das leis de indicacións e prazos que xa contemplan outras lexislacións europeas".

Aínda que nun comezo a dirección do PSOE non tiña incluído a interrupción do embarazo na relatorio marco, as emendas presentadas polos militantes obrigaron a modificar as previsións, porque é "precisa a revisión e actualización da lexislación sobre o aborto, tras 23 anos da súa entrada en vigor", detalla o texto. De todos os xeitos, pese á apertura, os socialistas descartaron pedir, polo momento, unha lei de prazos, pois podería entrar en discusión coa doutrina do Tribunal Constitucional.


3/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: