O mes de xuño deixou no noso país 4 mil desempregados menos. Pola contra, a nivel estatal compútanse case 37 mil parados máis ca en maio.
A construción segue a xerar emprego en Galiza
Mentres no Estado Español aumenta por terceiro mes consecutivo a taxa de desempregados, Galiza móvese noutra dinámica ben diferente. Segundo os datos do Inem, xuño pechouse no noso país con 4.071 parados menos (un 2,6% menos ca en maio), polo que a cifra total de persoas que buscan traballo cífrase agora en 152.708.
No conxunto do Estado o paro aumentou en 36.849 persoas (1,57% máis ca en maio) o que significa que hai 2.390.424 demandantes de emprego. Galiza liderou a baixada de paro, seguido de Castela e León (-2.428) e Asturias (-1.819). Pola contra os peores datos foron para Andalucía e Valencia, onde o número de parados aumentou en 18.930 e 7.222 respectivamente.