O pasado 30 de maio comunicábase o resultado deste certame literario dirixido a estudantes de galego e portugués nos territorios de fala catalá.
O concurso estaba organizado por segundo ano consecutivo polo Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona, o Instituto Camões de Barcelona e mais o Espazo Galego dos Països Catalans. A convocatoria tiña dúas categorías, unha para menores de idade e outra para maiores de 18 anos, con tres premios cada unha. Destacan neste certame, no que se valora máis a creatividade que a escolla normativa dos textos, o primeiro premio dotado de 1.000 euros na categoría dos maiores de idade.
O xuri estaba composto polas as escritoras Rexina Vega e Eva Méndez do Roxo, Xosé Gonçalves, editor de Obradoiro Santillana, e os profesores da Universitat Autònoma de Barcelona Jordi Cerdà e Jofré Pons. O xurado, alén de outorgar os tres premios de cada unha das categorías, tamén considerou gabar dúas obras presentadas polos máis novos cun una accéssit e cunha mención especial.
O acto desenvolveuse no Centro Galego de Barcelona e no marco dos actos do Maio Cultural Galego de Rede.cat. Antes da entrega de premios, houbo un recital poético e a actuación do poeta e narrador Celso Fernández Sanmartín.
Os textos gañadores, segundo consta nas bases do certame, serán publicados en Vieiros Barcelona.
http://www.vieiros.com/nova/66030/convocada-a-segunda-edicion-do-concurso-literario-contos-no-mediterraneo
Fallo da segunda edición do Premio literario Contos no Mediterráneo 2008
Categoría A: menores de 18 anos
Primeiro premio: outorgado a Cristina Ramírez e Anna Candel (IES Alella), autoras da obra Fastina e a contaminación.
Segundo premio: outorgado a Nuria Rus García e Sergi Sáez Rubio (IES Alella), autores da obra Verde alfábega.
Terceiro premio: outorgado a Cristina Herrero Cuende e Helena López de Abajo (IES Alella), autoras da obra A historia de Ana.
Accésit: outorgado a Ariadna Martínez Ramírez (IES Sant Just Desvern), autora da obra Os cambios da vida.
Mención especial do xuri: outorgado a Andrea Jorge San Vicente e Gemma Català Parra (IES Margarida Xirgu), autoras da obra O camiño do Santiago.
Categoría B: maiores de 18 anos
Primeiro premio: outorgado a Julian Uribe Duarte, autor da obra O último amanhecer.
Segundo premio: outorgado a Desirée Nieto Fernández, autora da obra A estrela.
Terceiro premio: outorgado a María Palos López, autora da obra Só uns pensamentos…