Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POSÍBEL CASO DE TRANSFUGUISMO

A ausencia dunha edil do PP facilita a aprobación dos orzamentos de Foz

Os socialistas focegos sacaron adiante as contas, malia contar só con seis dos trece concelleiros que conforman o goberno local.

Redacción - 09:00 02/07/2008

Seis votos, os dos concelleiros socialistas, foron abondo para aprobar os orzamentos de Foz. Malia que o PsdeG goberna en minoría neste concello mariñao, a ausencia dunha concelleira do PP permitiu que o trámite saíse adiante sen maiores dificultades. A edil en cuestión é Luísa Prieto, quen decidiu non acudir á última sesión plenaria sen dar máis explicacións aos seus compañeiros de partido que dicir que non o tiña nada claro. O concello de Foz está gobernado polos socialistas, con seis concelleiros dos trece que conforman o goberno local. Catro edís pertencen ao BNG e os outros tres ao PP.

Pacto antitransfuguismo
O BNG vén de pedir que se convoque o pacto antitransfuguismo para analizar o sucedido. Acusa ao alcalde, Xosé María García Rivera, de querer alterar os resultados electorais e de non saber gobernar sen maioría absoluta. Sospeitan que a concelleira popular actuou de xeito premeditado, polo que demandan que todos os partidos se sumen a condena desta práctica. Asemade, demandan ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e ao PsdeG que se manifesten en contra dos socialistas focegos.

Mentres, o PP de Foz xa convocou unha xuntanza para analizar o comportamento de Luísa Prieto e estudarán a súa expulsión. Asemade, a agrupación local comunicou o acontecido á dirección provincial do partido e agardan que se tomen decisións sobre o sucedido.

Pola súa banda, Xosé María García Rivera restou importancia á ausencia da concelleira popular e enmarcou a súa postura nos problemas internos que puidera ter o PP local.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: