Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O Fluvial mantén o liderado no Estatal de Clubes

Cos de Lugo non se pode

Polo menos no triatlón. Así o demostraron os seus corredores esta fin de semana, ao subir ao podio en Xixón, aínda que non nos primeiros postos. Buscan o sexto título consecutivo.

Redacción - 11:51 30/06/2008
Cartel da proba de Xixón

Cartel da proba de Xixón

O Cidade de Lugo Club Fluvial afianzou, mais unha vez, esta fin de semana, o liderado na Liga Estatal de Clubes de Triatlón. O clube lugués, que terminou segundo na proba feminina e terceiro na masculina, mantén a súa primeira posición na clasificación, e agora vai a polo seu sexto título consecutivo.

Destacaron as boas actuacións de Pilar Hidalgo e Aida Valiño, que foron segunda a terceira respectivamente, na proba feminina, entrando na meta por detrás de Ana Burgos. Ademais, Lara del Valle foi quinta, Saleta Castro sétima e Estefanía Domínguez oitava. Na proba masculina, Jesús Gomar, tamén do Cidade de Lugo, foi primeiro, e destacaron os bos resultados de Antón Ruanova (Bricosa), que foi quinto; e Manurel Piñeiro (Cidade de Lugo), que foi sexto.

Por outro lado, o Bricosa Santiago foi cuarto na proba masculina, e o Anigasa Champion Chip Muralla de Lugo, sexto. Na proba de segunda categoría outro clube galego, o Fogar Triatlón Carballo, foi cuarto, polo que non puido celebrar o ascenso.

A selección de pentatlón moderno

Esta fin de semana tamén foi importante para os e as irmandiñas do pentatlón moderno, que realizaron unha boa proba en Poiares (Coimbra). A selección galega competía a nivel internacional cos combinados de Francia, Italia, Grecia, Suíza, Cataluña e Portugal, e triunfou na proba infantil feminina, ocupando os tres primeiros postos após o traballo feito por Laura Blanco, Rocío Gandoy e Eva Basanta. Ademais, Natalia Basanta foi quinta. Outro galego, Max Neira, gañou na proba masculina.

Na clasificación alevín destacaron Yolanda Rodríguez (quinta) e María Abeledo (sétima).

Resultado da proba de Xixón da Liga de Clubes
Primeira División Feminina:
1. Bricoblock-Esproten-Tritoledo, 831 puntos
2. Cidade de Lugo Fluvial, 788 puntos
3. Canal de Isabel II, 518 puntos
4. C.N. Reus Ploms, 451 puntos
5. Club Triatlón Ondarreta Alcorcón, 353 puntos
6. Stadium Casablanca, 211 puntos
7. C.T. Diablillos de Rivas, 69 puntos
8. Club Triatlón Segovia, 2016 0 puntos

Primeira División Masculina:
1. Academia Civil-El Musel, 838 puntos
2. C.N. Reus Ploms, 750 puntos
3. Cidade de Lugo Fluvial, 659 puntos
4. C.T. Bricosa Santiago, 598 puntos
5. C.N. Mataró, 591 puntos
6. Anigasa Champion Chip Muralla, 552 puntos
7. Club Triatlón Ondarreta Alcorcón, 464 puntos
8. C.N. Prat-Triatló, 457 puntos
9. C.T. Diablillos de Rivas, 436 puntos
10. Krafft Atlético San Sebastián, 388 puntos
11. A.D. Natación Córdoba, 345 puntos


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: