Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Atletismo

Unha Galiza "moi competitiva" viaxa ao Estatal Absoluto

Este sábado comeza o Campionato de Federacións de 1ª Categoría. Pese ás baixas, a selección galega conta con grandes atletas, como os lanzadores Dacal e de Santaló.

Redacción - 11:26 27/06/2008
Cartaz do Campionato

Cartaz do Campionato

Este sábado comeza en Avilés o Campionato Estatal Absoluto de Federacións de Primeira Categoría. Nel participan oito seleccións, tanto masculinas coma femininas, cun atleta por proba.

Galiza leva a 44 atletas a Avilés, que han disputar as 42 probas da competición. Aínda que o equipo masculino sofre as baixas de David Gómez e Álvaro Contreras (que van seleccionados pola RFEA para a Copa de Europa de Probas Combinadas) ou Lolo Penas (que se enfronta, o vindeiro 2 de xullo, ao Sono Olímpico), quedan atletas moi competitivos, segundo contan dende a Federación Galega, e fortes no seu terreo, como o plusmarquista estatal Gustavo Dacal, coa xavelina; José Palomanes, que destaca no triple salto; ou Isaac Vicente, no lanzamento de martelo.

O obxectivo primeiro, a permanencia; o segundo, gañar

No equipo feminino destaca tamén unha lanzadora de disco e peso, Mercedes de Santaló, segunda na listaxe estatal; ou Paula Campanero, que é sexta en pértega de todo o Estado. O obxectivo é superar as prazas do ano pasado, conseguir a permanencia e facer cantos máis puntos mellor, para ir rubindo posicións respecto doutras seleccións.

Nesta competición, ademais, os galegos estrean equipamento deportivo, e han recibir 12.000 euros, a repartir entre todos, pola súa participación. Ademais, a de Avilés é unha importante cita para conseguir mellores marcas persoais. O ano pasado, en Córdoba, as mozas conseguiron un quinto posto, mentres que os mozos, en Avilés, conseguían os ascenso da segunda á primeira categoría, ao seren primeiros.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mercedes de Santaló, coa súa marca no lanzamento de disco, feita no Criterium de inverno de lanzamentos
Mercedes de Santaló, coa súa marca no lanzamento de disco, feita no Criterium de inverno de lanzamentos
O plusmarquista Gustavo Dacal tamén vai coa selección galega
O plusmarquista Gustavo Dacal tamén vai coa selección galega
José Afonso Palomanes, saltando
José Afonso Palomanes, saltando
Paula Campanero, coa mellor marca conseguida no ano 2006, no galego de clubes. Agora pasou dos 3,90
Paula Campanero, coa mellor marca conseguida no ano 2006, no galego de clubes. Agora pasou dos 3,90