'Hoy, Júpiter', de Luis Landero, impúxose na categoría de novela castelá, e 'Arthur e George' (Rinoceronte) na de novela extranxeira
A novela de Anxos Sumai impúxose por un só voto (cinco fronte a catro) a Mentras a herba medra, de Xesús Rábade Paredes, ficando Cardume, de Rexina Vega, que ficou cun só voto. Pola contra, na categoría de novela castelá Hoy Júpiter de Luis Landero foi escollida polos dez membros do xurado, deixando sen apoios a Crematorio de Rafael Chirbes, e La muerte lenta de Luciana B. de Guillermo Martínez.
Finalmente, Arthur e George de Julian Barnes, publicada en galego por Rinoceronte foi escollida como mellor novela extranxeira, superando a Terrorista (Xerais) de John Updike, e Zapatos italianos (Tusquets) de H. Mankell.
Ademais, este martes anunciouse que en marzo o xaponés Haruki Murakami recollerá no propio Instituto Rosalía de Castro o premio que se lle outorgou o pasado ano por Kafka en la orilla.
Cinco centros, catorce anos de historia
O premio Arcebispo San Clemente ten a particularidade de que nel os protagonistas son alumnos de secundaria, do Instituto Rosalía de Castro de Santiago e doutros catro centros de todo o país. Este ano o xurado rapaces dos institutos Camilo José Cela de Padrón, da Coruña, Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, Pintor Colmeiro de Silleda, Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e do Rosalía de Castro compostelán.
O pasado ano os gañadores foron María Reimóndez en galego (O club da calceta), Vicente Molina Foix (El abrecartas) en castelán, e Haruki Murakami (Kafka en la orilla) na categoría de fóra do Estado. En edicións anteriores, este premio contou entre os seus gañadores con autores de prestixio como Isidro Novo, Javier Cercas e Abraham Yehohua (2006), Teresa Moure, Álvaro Pombo e Melania G. Mazzucco (2005), Pilar Buela, Carlos Fuentes e Jeffrey Eugenides (2004), ou Almudena Grandes, Jonathan Coe e Rosa Aneiros (2003).