O equipo recuperouse, e volve tras dous anos fóra da competición, tempo no que crearon a Escola Tito Villar e promoveu o balonmán polos colexios.
O Balonmán Coruña volve á competición despois de dúas tempadas sen xogar en Primeira Autonómica Feminina, a Segunda División Estatal.
O clube saíra das canchas debido á enfermidade que afectou ao seu adestrador e cofundador, Tito Villar. Após finar Villar, a entidade dedicouse a crear a Escola de balonmán que leva o seu nome, e a promover este deporte polas escolas da Coruña (Inmersión Balonmanística foi o nome que lle puxeron a este plan de promoción do balonmán). Ademais, xa comezaron coa organización do II Memorial Tito Villar Pispieiro e están pensando en crear un equipo de base, saído da súa escola (onde adestran mozas de entre 13 e 18 anos).
Agora o equipo volve á mesma categoría da que marchou para comezar unha nova etapa. O novo cadro de xogadoras estará formado por algunhas que pertenceron ao equipo nos últimos anos; outras que eran xuvenís as pasadas tempadas e que xa están en categoría señor; e as procedentes doutros clubes (como o OAR) ou as que comezaron na escola do clube.