O Centro de Estudos Galegos de Oxford presenta unha antoloxía de relatos galegos traducidos ao inglés.
From the Beginning of the Sea é unha antoloxía de relatos curtos da literatura galega contemporánea. O libro publicarase no proxecto editorial Foreign Demand que é parte do colectivo artístico Boca2mouth. Os libros editaranse seguindo o proceso de print on demand, é dicir que se fará unha edición pequena e despois iranse publicando máis a medida que se vaian vendendo.
O vindeiro mércores 25 de xuño o libro presentarase en Cork, no Café Panorama do Centro de Estudantes. Participarán María Liñeira, do Centro de Estudos Galegos de Oxford e Miguel-Anxo Murado.