Reman esta cuarta feira de mañá no seu duplo scull, na Regata Preolímpica de Poznan (Polonia). Só os dous primeiros consiguen o pasaporte directo para Beixín.
O duplo scull lixeiro de Xoán Zunzunegui e Xesús González loitou esta terza feira na primeira semifinal, tras gañar a segunda a serie 1 da primeira rolda, con tres décimas de vantaxe sobre os eslovacos Maros Sloboda e Lukas Babak.
A primeira hora da mañá, na primeira semifinal, conseguiron meterse entre os tres primeiros (cun tempo de 6:22.94) por detrás da parella neozelandesa, formada por Uru e Taylor, que foron primeiros; os portugueses Mendes e Fraga foron segundos.
Xa metidos na final, hanse enfrontar aos lusos, os neozelandeses e ás parellas do Canadá (Sylvester e Vandor); os checos (os irmáns Vestesnik) e os eslovacos (Sloboda e Babak) por unha das prazas para remar en Beixín 2008. Só os dous primeiros conseguen pasaporte para as Olimpíadas.