Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ORGANIZADO POR 'TERRAS GAUDA'

Convócase o certame de carteis 'Francisco Mantecón'

As adegas premian unha imaxe do seu viño, un concurso ao que en sete anos xa se presentaron máis de 5 mil aspirantes.

Redacción - 10:52 17/06/2008

Adegas Terras Gauda convocou este luns o premio de cartelismo publicitario 'Francisco Mantecón', que ten carácter anual e que chega á súa sétima edición. Máis de 60 mil artistas, escolas e universidades de 178 países de todo o mundo está convocados a este certame, que reuniu nas seis edicións anterior máis de 5.000 carteis asinados por artistas gráficos de 67 países de Europa, Asia, América, África e Oceanía.

Modesto Vázquez Prada fíxose co premio na primeira edición (2002), e nos anos seguintes gañaron o premio José Manuel Puga Molina (2003), Jordi Martin Figuerola (2005), o xaponés Shima Takahiro (2006) e o belga Thomas Pion (2007).

Entre os membros do xurado na presente edición destaca a presenza do prestixioso deseñador gráfico Peret, que ocupa un posto polo que nos últimos anos pasaron Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer ou Manuel Estrada. Premio Nacional de Deseño, gañador de varios Laus e distinguido cun Silver Award no Festival Promax, Peret conta cunha dilatada traxectoria nos campos de identidade visual, escenografismo e ilustración para medios de comunicación e editoriais, expuxo os seus traballos de forma individual en España, Francia e Xapón, e participou en máis dun centenar de exposicións colectivas en 24 países.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O belga Thomas Pion gañou en 2007
O belga Thomas Pion gañou en 2007
Esta imaxe do xaponés Shima Takahiro foi a mellor en 2006
Esta imaxe do xaponés Shima Takahiro foi a mellor en 2006
Jordi Martín levou o premio en 2005
Jordi Martín levou o premio en 2005