Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A PARTIR DO 21 DE XULLO

O Salón de BD de Cangas traénos a Tirso Cons, Al Barrionuevo e Manel Fontdevila

O cartaz da edición 2008 vai ser realizado por Kenny Ruíz.

Redacción - 13:50 16/06/2008
A imaxe do cartaz 2008

A imaxe do cartaz 2008

Queda algo máis dun mes para que comece o Salón de Cómic de Cangas, pero xa se van coñecendo algúns detalles sobre as intervencións e achegas que presenta a edición 2008. Sábese xa, por exemplo, que entre os convidados que pasarán polo Salón, amosando as súas obras e ofrecendo a súa visión sobre o momento presente da novena arte. O galego Tirso Cons, o catalán Manel Fontdevila e o arxentino Al Barrionuevo estarán en Cangas, o mesmo que Horacio Altuna.

Ademais, mo auditorio de Cangas poderá verse a exposición 10 anos de BD galega, coordinada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Así mesmo, destacan os obradoiros de Banda Deseñada que impartirán Julius e Luís Da Vila. O cartaz desta edición, que comezará o 21 de xullo, xa lle foi encargado a Kenny Ruíz.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha das obras de Tirso Cons
Unha das obras de Tirso Cons
Unha ilustración de Manuel Fontdevila
Unha ilustración de Manuel Fontdevila
Unha obra do arxentino Al Barrionuevo
Unha obra do arxentino Al Barrionuevo