Unha historia de humor perverso, surrealista, absurda que bebe do teatro de Ionesco. Unha comedia delirante, esperpéntica, crítica e rupturista, non apta para nenos pequenos nin para cristiáns practicantes.
Basilio precisa dun favor de seu irmán Antón. A partir desta premisa establecen unha retorcida trama na que se critica e se cuestionan todos os eternos valores da sociedade contemporánea (amor, familia, relixión, política, arte, medios de comunicación...). E para iso, non dubidarán en predicar as citas de Hawthorne (autor descoñecido para os actores, director e familiares), nin tampouco en empregar como exemplo casos reais; como o do Romualdo da Bernardina, o lobishome de Ourense.
Unha peza aceda, con chiscadelas ao cine negro, á mediática figura do psycho killer, aos clásicos do suspense e mesmo aos asasinatos entre veciños.
Unha perfecta pescuda do crime imperfecto na que nada escapa da sátira demoledora que nos propón o seu autor, José Mondelo.
Dentro da programación do Centro para o mes de xuño, consultade abaixo a programación completa.
Domingo, 15 de xuño, 19:30 h
Furafollas Agrupación Teatral Obra “Un pequeno favor”, de José Mondela
Sala Ferrío
Centro Galego de Barcelona Rambla Caputxins, 35-37