O medo ao desabastecemento está a aumentar de xeito espectacular o número de clientes nas gasolineiras.
Dende a tarde do domingo, as gasolineiras do país viron como aumentaba de xeito espectacular o número de clientes. O temor a que o paro de transporte que comezou na madrugada do domingo desabasteza as estacións de servizo está a aumentar de xeito espectacular o consumo de gasolina. De feito, algunhas gasolineiras do páis quedaron este luns sen combustíbel debido á demanda.
Nas primeiras horas da folga dos transportistas, que protestan polo alto prezo dos combustíbeis, hai que destacar que os incidentes están a ser mínimos. Perto de corenta camións circularon a baixa velocidade pola Coruña e provocaron importantes retencións na cidade. Por outra parte, en Becerreá apareceron dous camións coas rodas pinchadas.
Os principais problemas estiveron nas lonxas, onde o peixe de baixura non puido saír cara os mercados. En grandes empresas como é o caso de Citröen o paro está a afectarlle tamén ao ritmo de produción,
En Galiza está a secundar o paro a asociación Fetram e a Asociación Galega de Transportistas de Obras. A asociación maioritaria, Fegatramer, aínda non decidiu apoiar a protesta. Porén, moitos dos seus afiliados decidiron non saír ás estradas por medo a incidentes.