O Gran Premio Cantóns cumpre 22 anos cos mellores atletas do globo que acoden á cita internacional buscando mellorar as súas marcas.
Este sábado volven á Coruña os mellores marchadores e marchadoras do globo nunha nova edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns, e xa van vintedúas.
Os mellores especialistas desta modalidade (de 24 países distintos) xa están na cidade herculina, porque nesta proba decídense moitas das seleccións que acudirán a Beixín 2008.
O equipo estatal vai estar capitaneado por Jesús Ángel García Bragado, mais tamén están Francisco Pinardo, Luis Corchete e David Domínguez Guimera. Non estando Paquillo Fernández, o home a bater sería o tunesino Hathem Ghoula, terceiro no Campionato do Mundo de Osaka. O noruegués Eryk Tysse e o irlandés Robert Hefferman forman tamén parte do grupo de favoritos para subir ao podio.
Na competición feminina a rival a bater é a grega Athanasia Tsoumeleka, actual campioa olímpica. As súas principais contrincantes na loita polas medallas son a norueguesa Kjersti Platzer, a bielorrusa Helena Ginko ou a rumana Claudia Stefi.
O XX Premio Cantóns
Este premio está dentro da Challenge 2008 de marcha, as competicións que organiza a Federación Internacional de Atletismo e que o noruegués Erik Tysse aspira a liderar se gaña a proba coruñesa xa que o primeiro clasificado, Eder Sánchez, non participa e só lle leva cinco puntos a Tysse.
Na categoría feminina a Challenge sógase na Coruña, onde van estar as dúas primeiras clasificadas, Kjersti Platzer e Athanasia Tsoumeleka.