Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ANO DE HOMENAXES

As 54 rúas galegas chamadas 'Curros Enríquez' lerán este xoves o poeta

O convite da Fundación que leva o nome do autor coincide co día no que Curros escribiu o seu primeiro poema en galego, 'Unha noite na eira do trigo'.

Redacción - 14:10 04/06/2008

Son 54, os máis na Coruña (23), algo menos en Lugo (12) e Pontevedra (11) e, paradoxalmente, en Ourense apenas 8. En todos estes concellos hai algunha rúa chamada 'Curros Enríquez' e a todos eles a Fundación que leva o nome do autor convídaos a realizar este xoves unha lectura conxunta do poema Cantiga, popularizado como Unha noite na eira do trigo. Será este xoves 5 de xuño porque é cando fai o aniversario do primeiro texto composto polo autor, o poema que se lerá.

Na iniciativa, denominada 54 rúas cantan a Curros, participan moi especialmente os concellos ourensáns: A Rúa, Celanova, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Pobra de Trives, Verín e Xinzo. A lectura simultánea do texto comezará ás doce do mediodía.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: