Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
TESE DA USC

Os galegos pagarían para evitar a extinción das cigalas, pero non a das aves mariñas

O estudo de Elena Ojea tenta averiguar o valoración das especies ameazadas, que se identifica co seu valor de uso.

Redacción - 09:00 03/06/2008

As especies ameazadas que máis lles preocupan aos galegos son as cigalas e as pescadas, por riba das aves mariñas. A meirande parte da poboación estaría disposta mesmo a achegar cartos para evitar a súa extinción, segundo unha tese da Universidade de Santiago.

O traballo de Elena Ojea Fernández-Colmeiro baséase nunha enquisa que analiza como valoran as persoas as especies ameazadas, e chega á conclusión de que só incrementarían o investimento coas especies que teñan valor de uso, como son as comerciais mariñas.

A tese aplicou o método de Valoración Continxente, que pregunta á xente sobre a cantidade que estaría diposta a aboar para unha determinada mellora ambiental. O traballo, do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia, dirixido pola profesora María L. Loureiro, conseguiu sobresaliente cum laude.


3,71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: