Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTUDO

O baby boom dos mundos virtuais

O 80 por cento dos internautas dispoñerán dun avatar virtual no 2011, predicía, fai un ano, o instituto Gartner

Redacción - 12:44 02/06/2008

KZero Research acaba de publicar un estudo exhaustivo, sobre a poboación global dos avatares. Contrariamente ao que afirman os detractores, os mundos virtuais contan con 303 millóns de inscritos, en 21 universos diferentes.

Se, en valor absoluto, esta cifra parece importante, comparándoo coa suma total dos internautas, só o 21,.6% dos usuarios de internet teñen unha conta nos mundos virtuais.O estudo de KZero segue sendo non obstante significativo, a pesar de non dar conta dos espazos en declive.

Os mundos virtuais están integrados por poboacións de mozos, entre menores de 10 anos e menores de 20 anos. Universos animados como WeeWorld ou IMVU contan con máis de 20 millóns destes nenos numéricos; Neopets contabiliza máis de 45 millóns.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: