Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL

O Cidade de Santiago, máis perto da Segunda B

O conxunto de Compostela, único galego en pasar á seguinte rolda de ascenso, remontou o resultado desfavorábel da ida e venceu 3-0 ao Monzón. Nin o Deportivo B nin o Pontevedra conseguiron superar a primeira fase para subir a Segunda.

Redacción - 21:00 01/06/2008

Na fase de ascenso a Segunda B, o Cidade de Santiago conseguiu remontar o gol en contra da ida. Os tres goles acadados en San Lázaro por Changui, Mariño e Rafa na segunda parte fronte ao Atlético Monzón danlles aos composteláns o pasaporte á seguinte fase, na que se enfrontarán ao Almansa.

Xusto o contrario foi o que lle aconteceu ao Lalín. Cun gol de vantaxe e o factor campo ao seu favor, con tres goles marcados polo Amurrio, os dous de Mario Sánchez máis un de Goñi en propia porta deixaron os lalinenses sen posibilidades de ascender a Segunda B.

Xa o sábado, nin o Coruxo nin o Narón lograron pasar da primeira fase nas súas visitas aos campos do Alzira (2-2) e do Antequera (4-1), respectivamente. O equipo valenciano partía cos dous goles de vantaxe da ida, mentres que o andaluz acabara 0-0 contra os naroneses. Seguirán, un ano máis, en Terceira. A vindeira temporada acompañaraos o Somozas, que logrou ascender despois de gañarlle ao Barbadás por 2 goles a 0.

Ascenso a Segunda

O Deportivo B non puido aproveitar a posibilidade de ascender á Segunda División. A vantaxe dun gol coa que saíra da casa na ida non serviu para nada: o Écija meteulle tres goles no campo andaluz, mentres que os coruñeses non chegaron a marcar en todo o encontro.

En Pasarón, o Pontevedra tampouco tivo sorte fronte ao Ceuta. Despois do empate a 1 da ida, os ceutís venceron no encontro de volta por 1-2, ambos os dous goles de Javi Navarro. O gol marcado no minuto 93 por Gato só serviu para maquillar o resultado. Así, o Pontevedra pasará un ano máis en Segunda B.

División de Prata

Na Segunda División, tanto o Celta como o Rácing de Ferrol saldaron cadanseu encontro con empates na casa. O equipo vigués comezou vencendo por 2-0 ao Tenerife con tantos de Perera e Núñez, aínda que no segundo tempo Santos e Nino, polo conxunto rival, acabaron empatando o encontro. En Ferrol, Jonathan Martín abriu o marcador o minuto 2, mentres que Corominas, do Alavés, igualou a uns no minuto 50.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: