Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RECUPERACIÓN

Escocia vai reintroducir castores catro séculos despois da súa extinción

As autoridades traerán os animais dende Noruega para intentar que volva haber colonias estábeis.

Redacción - 11:00 01/06/2008

Catro familias de castores europeos (Castor fiber) van ser reintroducidas en Knapdale (Escocia). É a primeira vez que neste país se reintroduce un mamífero autóctono na natureza. O castor desapareceu de Escocia hai xa 400 anos. As autoridades escocesas autorizaron a proposta de Scottish Widlife Trust (SWT) e da Royal Zoological of Scotland (RZSS).

O plan é capturar o vindeiro outono os animais en Noruega. Logo de pasar unha cuarentena de seis meses, ceivaranos en Escocia na primavera do ano que vén. O secretario de Estado do Ambiente, Michael Russell, explicou que ao longo da historia se cazou este animal até que se extinguiu no século XVI.

A Comisión Europea subliña que na actualidade hai algunha poboacións de actores ailladas en zonas de Francia, Alemaña, Noruega, Bielorrusia e Rusia. Mais agora hai proxectos de reintroducción noutros estados europeos, entre eles o español.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: