Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
baloncesto

O Obradoiro quere ascender, pero dentro de dúas tempadas

Non pode ser desta, e andan a arranxar o acordo coa ACB e a FEB.

Redacción - 13:43 30/05/2008
O equipo ao completo, con todas as categorías

O equipo ao completo, con todas as categorías

Ao parecer, o equipo compostelán acordou coa Federación Española de Baloncesto (FEB) e a ACB pospoñer unha tempada o ascenso á primeira división do baloncesto estatal. Aínda non está pechado, pero seguramente se saiba como queda a cousa a semana que vén.

O vindeiro 14 de xuño desenvólvese a Asemblea Xeral da FEB, e para daquela xa debería estar selado o compromiso entre as partes.

O Obradoiro CAB debería volver á ACB, segundo unha sentenza que lle outorgaba, a comezos deste ano, unha praza na máxima categoría estatal até a tempada 2009/2010. O problema principal co que se atopou o clube compostelán ante o posíbel ascenso no vindeira tempada, 2008/2009 foi atopar patrocinadores fortes.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: