Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOSINZAPATOS.COM

Crean unha web contra as normas de seguridade nos aeroportos

Esperan que se convirta nun foro que dea voz a todos aqueles que senten que as normas son abusivas con eles

Redacción - 17:10 29/05/2008

Nosinzapatos.com é unha nova páxina de internet que pretende servir de foro e recoller todas as protestas dos pasaxeiros contra as medidas de seguridade aplicadas nos aeroportos da Unión Europea e que consideran abusos. Os seus creadores recordan que algúns eurodiputados, entre eles Ignasi Guardans, e cidadáns de varios países, como o mozo e enfermo David Raya, emprenderon accións xudiciais e parlamentarias para que se anulen estas normas.

Explican que o nome da súa web inspirouse no incidente que Guardans protagonizou no aeroporto do Prat (Barcelona, España) cando advertiu a un grupo de pasaxeiros que non podían ser obrigados a quitarse os zapatos se antes non se disparou a alarma do arco de seguridade.

Aseguran que a súa páxina de internet non está tutelada ou patrocinada por ningún partido político e que son un grupo de persoas que grazas á creación da web micarnet-ya.com lograron en poucos meses que o Goberno español derrogase unha norma que obrigaba a volver superar os exames de conducir para recuperar a licenza a quen a tiñan caducada desde facía máis de catro anos.

Apuntan que aquela experiencia lles devolveu a confianza no poder dos cidadáns, e cren que pode ser útil dispor dunha ferramenta para intercambiar experiencias, formular propostas, prestar axuda ou consello e organizar accións.

A páxina recompila anécdotas, iniciativas, opinións e o recente discurso que o catalán David Raya, enfermo de fibrosis quística e diabético, pronunciou ante o Parlamento Europeo.

Raya denunciou as situacións "absurdas e discriminatorias" ás que se teñen que enfrontar os enfermos crónicos cada vez que viaxan, xa que necesitan levar consigo unha serie de medicamentos, aerosois, e no seu caso particular, tamén unha coca-cola para recuperar os niveis de azucre en sangue.

As últimas medidas de seguridade implantadas co obxectivo de protexer aos viaxeiros fronte á ameaza dos explosivos líquidos restrinxen a cantidade de líquidos ou sustancias de consistencia similar que os pasaxeiros poden levar consigo cando pasan os controis de seguridade dos aeroportos comunitarios. Estas medidas, aplicadas desde o 6 de novembro de 2006 en todos os aeroportos da UE, Noruega, Islandia e Suíza, só permiten levar na equipaxe de man líquidos que deben ir en pequenos botes transparentes cunha capacidade individual máxima de cen mililitros gardados dentro dunha bolsa transparente de plástico con autocierre de non máis dun litro de capacidade máxima.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: