Rede.cat pecha os actos do mes co diálogo músical de "O Sonoro Maxín", "Nour" e Dj Tanja.
Rede.cat vén de comunicar a suspensión do concerto por causas alleas á organización.
-----
A música ofrécenos a miúdo exemplos de diálogos, moitas veces múltiples, entre linguas, culturas e ritmos diversos. Unha dinámica moi suxerinte para trasladar a outros ámbitos da realidade social e contribuír á valorización positiva da diversidade, como un dos camiños na construción dun tecido social organizado que garante a igualdade de dereitos sociais e políticos a todos os grupos culturais a ás cidadás e aos cidadáns que os integran. Un diálogo protagonizado, nesta ocasión, pola música de O Sonoro Maxín (Galiza), Nour (Catalunya) i Dj Tanja (Nou Barris).
NOUR quere dicir luz en árabe, unha doce estación onde a herba non é luxosa, de brisa lixeira, cun aire con flores e olores a coandro. Nour nace das ganas de continuar experimentando nun novo proxecto as inquedanzas expresivas e sonoras de Yacine Belahcene, ex cantante de Cheb Balowski. Esta inquietude lévao a encetar un novo e explosivo proxecto que xorde co encontro con Pablo Potenzioni, o batería de Todos Tus Muertos (un dos grupos arxentinos máis importantes dos noventa, que mestura punk-hardcore e reggae-fusión), e Francisco Guisado, "Rubio", guitarra de Color Humano (grupo pioneiro na mestizaxe en Barcelona a mediados dos noventa). A esta nova formación incorpórase Manolo López, baixista de ampla experiencia, histórico na escena musical de Barcelona, e Olalla Castro, quen contribúe co seu potente e agresivo caudal feminino, en contraste coa voz de Yacine. Finalmente, a banda complétase coa incorporación de Stef Carteaux nos teclados, un mestre da produción e antigo membro de Color Humano.
O SONORO MAXÍN, dende Galiza e nun afán de camiño continuo, busca o baile sen fin dunha máquina creativa que nos faga mover ao ritmo da onda que marca. E por iso apelan á verbena e á cumbia, a soberana absoluta das verbenas, que converte o toldo nun baile tropical onde cadaquén manda na súa forma de bailar, onde cadaquén inventa o seu propio baile. Esta máquina sonora, este camiñar imaxinativo vai desde o regaee ao ska, actualizando a verbena e levándonos até a fusión do século XXI. Volve a imaxinación, a máquina, a onda sonora que camiña sen fin. Bailar outra vez, cantar outra vez, sorrir outra vez co Sonoro Maxín.
E desde Nou Barris, a alegría alemá de DJ TANJA.
Concerto do Maio Cultural Galego
O Sonoro Maxín (Galiza)
Nour (Catalunya)
Dj Tanja (Nou Barris - Barcelona)
Día 31 de maio, 22 h.
Lugar: Moll de Bosch i Alsina, Passeig de Colom, Barcelona