Os coruñeses fixeron valer o factor cancha marcando diferenzas ante uns madrileños incapaces de conter o acerto local e superar a eficiente defensa galega.
Xa ían no descanso a 47-31 e as diferenzas ían aumentando aos poucos. O Real Madrid non era capaz de superar a defensa dos coruñeses, e a estes entráballes todo.
O Madrid parecía durmido na defensa e falto de ideas no ataque, a pesar das intervencións de Bojdanovic (que foron poucas e pouco salientábeis) e da volta de Richard Nguema, que ao final tocou ben pouco o balón. Despois do descanso, para lembrar: o pase de Lino López a Carlos Fernández, que este machacou. A afección, nas bancadas, emocionábase pensando no ascenso.
E cada vez, despois dun resultado contundente (91-66), o ascenso está máis preto. O Ferroplast vai estar este domingo en Cáceres, loitando, na Final a Catro, por subir á Adecco LEB Prata, e acompañando a outros galegos, os do Breogán, que xogan por subir á ACB.
Agora, só unha vitoria separa ao Ferroplast Básquet Coruña da LEB Prata (sobre dous equipos). Xógase o domingo fronte ao Balneario Archena.