Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Esta fin de semana en Cataluña

Galiza fica terceira na Copa das Nacións de balonmán

A irmandiña conseguiu o bronce tras vencer ás anfitrioas. A medalla de ouro foi para Brasil, e a prata para Euskadi.

Redacción - 12:35 26/05/2008

Galiza conseguiu a medalla de bronce na Copa das Nacións de balonmán feminino, nun partido contra as anfitrioas, as catalás, no que se loitaba polo terceiro e o cuarto posto. Finalmente as irmandiñas do balonmán gañaron o metal cun contundente 15-22. A mellor das galegas: Erika, con 8 puntos.

A medalla de ouro levouna Brasil, que venceu con facilidade a Euskadi (que xa lle tiña gañado a Galiza na semifinal) por 15-36.

O vindeiro partido das irmandiñas do balonmán será a fin de semana do 7 e 8 de xuño, contra Cataluña (de novo) en Girona.

Os datos do partido
15 Cataluña: Mar; Alba (1), María (2), Laia (3), Sivia (2), Anna (1), Yolanda (3), Moca, Sandra, Jeniffer (1), Montse, Nogera e Boned (2).
22 Galiza: Vanesa; Andrea (2), Erika (8), Paula (2), Patricia, Estela (2), Aloa (2), Isabel (1), Yolanda (4), Begoña (1), Emma, Bibi, Lara e Alba.
Marcador cada cinco minutos: 1-0, 4-4, 5-6, 6-6, 7-6, 9-8 (DESCANSO); 10-9, 10-13, 11-16, 13-17, 15-19 e 15-22.
Árbitros: Jordi Pérez e Martín Domínguez (Galiza).

Acordo entre as Federacións Catalá, Vasca e Galega

Tomàs Moral, Presidente da Federación Catalana de Balonmán; José Luis Pérez Ouro, Presidente da Federación Galega; e Fernando Asenjo, Presidente da Vasca, asinaron o domingo en Tàrrega un convenio de colaboración para asegurar a continuidade da Copa das Nacións de Balonmán que nacía este ano froito da Declaración de San Mamés.

Fernando Asenjo asegurou que o convenio asinado non é máis "que reafirmar o acordo que os gobernos catalán, vasco e galego (...) para fomentar as selecciones autonómicas".

O presidente da Federación Catalá, polo seu lado, aproveitou para felicitar á selección brasileira e anunciou que van estar tamén o ano que vén na segunda edición deste torneo, que se ha desenvolver en Galiza ou en Euskadi.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: