Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A estrea, en Cannes 2009

Spike Lee rodará un documental sobre Michael Jordan

Utilizará material inédito sobre os dous últimos anos da carreira profesional do ex xogador de baloncesto.

Redacción - 15:00 24/05/2008
Michael Jordan

Michael Jordan

O director de cine Spike Lee rodará un documental sobre o ex baloncestista dos EUA Michael Jordan. A estrea está prevista para o Festival de Cannes de 2009, segundo anunciou o realizador.

Lee, candidato ao Oscar ao mellor director en dúas ocasións por Do the Right Thing (1989) e o documental 4 Little Girls (1997), contará co financiamento da súa produtora 40 Acres & a Mule e da liga profesional de baloncesto de EUA (NBA), segundo a publicación especializada Variety.

O cineasta, que usará para o filme material nunca visto até o de agora sobre os dous últimos anos da carreira profesional do ex xogador dos Chicago Bulls e dos Washington Wizards, xa rodou no pasado varios anuncios publicitarios con Jordan.

Spike Lee estivo presente esta semana no Festival de Cannes cun avance de oito minutos do drama Miracle at St Anna, filme que ten previsto estrear en EUA o 10 de outubro.


0/5 (0 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: