Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DINAMIZACIÓN

Fotografía e gastronomía para promover a lingua na rede

A Rede de Dinamización de Teo presenta un concurso de imaxes do concello e un blog de receitas de cociña creadopor dúas mulleres do concello.

Redacción - 14:00 20/05/2008
Unha das receitas do blog

Unha das receitas do blog

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información de Teo puxo en marcha dous blogs relacionados coa lingua. Un deles, Inspírate ho!, está dedicado ao concurso de fotografía comentada Inspírate co galego que se puxo en marcha para conmemorar o Día Mundial da Internet. O outro, Receitas de Teo é unha iniciativa de tipo gastronómico de dúas mulleres do concello.

Na sección de fotoblogoteca da bitácora Inspírate ho! pódense ver xa as imaxes recibidas para o certame, onde destacan os costumes, as paraxes naturais e a arquitectura relixiosa. O concurso segue aberto.

O outro blog posto en marcha pola aula de informática trata sobre a cociña. Dúas usuarias, unha de máis de 60 anos e outra de máis de 80, confeccionaron un espazo onde recollen receitas de cociña e información sobre a cultura gastronómica da comarca.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información colabora co Concello de Teo e conta na aula de informática municipal co traballo da dinamizadora Marta Vázquez. A rede é unha das iniciativas postas en marcha no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: