Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
VOTACIÓN

O Parlamento vasco acusa o goberno español de "amparar" a tortura policial

Todos os partidos, agás o PSE e o PP apoiaron a moción presentada por Aralar.

Redacción - 18:40 16/05/2008
Tags:

A Cámara vasca aprobou este venres unha moción que critica o goberno español por "amparar sistematicamente e sen excepción" ás Forzas de Seguridade do Estado cando hai denuncias contra elas por torturas e malos tratos. O documento, presentado por Aralar, foi apoiado polas forzas que compoñen o tripartito e polos representantes de EHAK.

Pola súa parte, PSE e PP mostráronse en contra dunha moción que cualificaron de "obscena". Aintzane Ezenarro, deputada de Aralar que defendeu a proposta, sinalou que a pesar de que están en contra da violencia de ETA non poden ocultar "outras actitudes denunciábeis que son incompatíbeis cun Estado garantista". Ezenarro sinalou que, precisamente, o feito de acabar coas torturas aínda aílla máis a ETA. Na moción, lembran que hai precedentes de informes elaborados por Amnistía Internacional e polo Relator de Nacións Unidas para a Tortura onde se destacan casos de maltrato policial.


4,69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: