Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A CORUÑA E FERROL

Os teatros Rosalía e Jofre centran os actos das letras este xoves

Na Coruña terá lugar a 'Festa da Lingua', presentada por Xurxo Souto, mentres que Ferrol pedirá a homenaxe para Carvalho Calero.

Redacción - 17:10 15/05/2008

En Ferrol, o Teatro Jofre acollerá o xoves 15 un acto cívico, organizado polo Concello, asociacións culturais e veciñais, para o que se repartiron catro mil convites en toda a cidade. O acto conmemorativo será presentado e conducido polo poeta e escritor Vicente Araguas, e contará coa participación de Miro Casabella e o Real Coro Toxos e Froles na parte musical. O bailarín Jesús Quiroga porá en escena a peza Negra Sombra; e, finalmente, Henrique Rabuñal e Mauricio Castro farán senllas achegas sobre a vida e obra de Álvarez Blázquez e Ricardo Carvalho Calero, facendo deste xeito unha reivindicación para a inclusión do escritor e lingüista ferrolán na relación de homenaxeados co gallo do Día das Letras Galegas.

E na Coruña, o xoves o teatro Rosalía de Castro acolle ás 20.30 horas a Festa da Lingua, un acto festivo que será presentado por Xurxo Souto e contará coas actuacións das Cantareiras da Ardebullo (Os dous de sempre) e Xavier Díaz Sexteto.

Pola súa banda, en Santiago de Compostela a poeta Eva Veiga presentará o seu espectáculo Camiños do Sol, unha escolma persoal sobre a obra de Álvarez Blázquez. Acompañada pola frauta de Fito Ares e o clarinete e a percusión de Bernardo Martínez, Eva Veiga recitará e cantará obras do Cancionero de Monfero, de Roseira do teu Mencer e de Canle Segredo. Os concertos repetiranse o sábado 17 en Betanzos e o venres 23 en Brión.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O Teatro Jofre de Ferrol e o Rosalía da Coruña acollerán senllos actos
O Teatro Jofre de Ferrol e o Rosalía da Coruña acollerán senllos actos