Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
GP Paredes

O ciclismo une as dúas beiras do Miño

Nacida en Portugal, a proba do GP Paredes é exemplo dunha competición convertida en cita galego-portuguesa.

Redacción - 13:25 15/05/2008

Hai tempo que no ámbito do ciclismo xa foran esvaendo as fronteiras entre Galiza e Portugal. A presencia de corredores galegos en escadras portuguesas é habitual desde hai anos. A creación do Karpin Galicia ofreceu un espazo para a canteira do país que freou a emigración no pelotón galaico, pero os equipos lusos seguen apostando por buscar en Galiza bos ciclistas aos que integrar.

Así por exemplo, o Palmeiras-Resort ten no seu cadro a Alexandre Manuel Porto e a David Blanco. NO Loule están Alexandre Magallanes e Pedro Fernández. O Barbot Siper ten a Luís Oliveira e o Fercase – Rota dos Moveis integra a Gustavo Rodríguez.

Todos eles compiten esta semana no Gran Premio Paredes, xunto con parte dos galegos do Karpin. Trátase dunha proba que, aínda formando parte do calendario portugués, opta desde a súa segunda edición por deseñar un percorrido que une Galiza e Portugal. En 2008, a primeira tirada saíu de Compostela. A segunda etapa marchará desde Pontevedra até Paredes.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: