Os fillos de Álvarez Blázquez poderían crear unha fundación para gardar o legado de seu pai, sempre que atopen os apoios suficientes.
Xosé María Álvarez Blázquez
Os fillos de Xosé María Álvarez Blázquez anunciaron durante unha homenaxe que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) lle fixo a seu pai, que están dispostos a crear unha fundación a través da que difundir o amplo legado que o poeta, filólogo e arqueólogo deixou durante todos os seus anos de traballo a prol do galego.
Alfonso Álvarez Cáccamo admitiu a "inmensa felicidade" que supuxo para a familia a noticia de que lle fose dedicado o Día das Letras a seu pai, xa que permite "dinamizar" esta data marcando unha "nova ruta". A súa irmá Elena, recordou a visión de Álvarez Blázquez "como pai", mentres que Celso fixo reivindicou a figura como filólogo, arqueólogo e "buscador de tesouros" no ámbito da cultura, que era seu pai a propósito do libro que presentaba a USC.
O libro
Xosé María Álvarez Blázquez. Día das Letras Galegas 2008, presentouse o mércores nun acto no que participaron, ademais de tres dos cinco fillos do homenaxeado, o vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, e o director do Departamento de Filoloxía Galega, Xosé Luís Regueira. Ademais a Orquestra de Cámara Galega, estreou poemas do autor musicados por Roxelio Groba.