Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Informe de Terra Galega

Ferrolterra perde o ritmo de creación de emprego

Aínda con menos poboación, as comarcas de Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e mesmo O Salnés, amosan taxas de ocupación máis altas.

Redacción - 17:30 14/05/2008

Sería necesario crear 27.300 postos de traballo máis "para converxer coas demais áreas metropolitanas galegas en materia de emprego", sinalan os autores do informe asinado por Terra Galega. Segundo a análise realizada, a taxa de ocupación de Ferrolterra queda nun 39,7%, lonxe do 47,8% do Salnés, a seguinte na lista, e máis afastada da media do resto de contornos metropolitanos analizados, un 64,6%.

O estudo repara nos números de Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra, O Salnés e Ferrolterra, e conclúe que a bisbarra ferrolá "sae moi mal parada" na comparativa das áreas urbanas do país. Apuntan exemplos como o de Lugo, que con 50 mil habitantes menos (163.477 cidadáns fronte 116.840), suma até 11 mil ocupados máis (43.740 fronte 54.540). Reparando no número de grandes e medianas empresas e no total de traballadores empregados nestas, a área ferrolá aparece tamén como pechacancelas, por baixo das sete comarcas antes mencionadas. Tamén no que lle toca ao total de empresas, segundo esta análise, con datos tirados directamente da estatística do Ministerio de Traballo, Ferrolterra é unha vez máis a coamarca con menor dinamismo empresarial das oito analizadas.

Desde Terra Galega falan de "fume e desinformación" desde o goberno galego e español, e cualifican de "lamentábel" a situación laboral na comarca. De paso, aproveitan para asegurar que neste contexto, o consello de Narón, gobernado por Terra Galega, sería "exemplo económico" de dinamismo, coa creación nos últimos anos de até catro millóns e medio de solo industrial nos polígonos do Río de Pozo, A Gándara e As Lagoas.


Ligazóns

3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: