A carreira lusa sairá este xoves de Compostela.
Ramón Troncoso
Co cadro principal do Karpin Galicia competindo na segunda proba do calendario Pro Tour, a Volta a Cataluña, o equipo elixiu traer para a terceira edición do Gran Premio Paredes un conxunto que cualifican como "a mellor proposta de futuro".
Ramón Troncoso, Serafín Martínez, Juan Mourón, David Abal, Alejandro Paleo, Delio Fernández, Xesús Cobelo e Vladimir Isaychev, son os ciclistas que competirán na proba, dirixidos por Xesús Blanco.
O GP Paredes é unha proba avalada pola Unión Ciclista Internacional que forma parte do calendario portugués. Na súa segunda edición xa sairá desde Vigo, cruzando despois o Miño cara a Portugal. Desta volta, arrincará na Praza do Obradoiro este xoves ás 10h55.
A primeira etapa Santiago - Padrón disputarase sobre 156,9 quilómetros e presenta un perfil con tres portos de montaña no seu percorrido, o alto do Codeso, que se pasa dúas veces (quilómetros 19 e 111,6) e o alto de Paxareiras (quilómetro 68,7). A segunda etapa tamén sairá de Pontevedra, para rematar en Paredes, logo de cubrir un itinerario de 182 quilómetros.
Na proba poderemos ver tamén outros ciclistas do país: David Blanco e Alejandro Marque (Palmeiras-Resort), Pedro Fernández e Alejandro Magallanes (Luolé), Luís Oliveira (Barbot), Gustavo Rodríguez (Fercasa) e Enrique Salgueiro (Extremadura).