Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Unidos polos deportes

Galiza gaña o I Campionato Internacional de Trasancos

Esta fin de semana desenvolvéronse os encontros que xuntaron equipos de fútbol 7 das comunidades emigrantes de Ecuador, Colombia e Uruguai e Galiza.

Redacción - 17:30 12/05/2008
Recibindo o trofeo

Recibindo o trofeo

Esta fin de semana desenvolveuse no barrio ferrolán de Caranza o I Campionato Internacional de Trasancos no que participaron equipos de Ecuador, Colombia e Uruguai, formados por xogadores da comarca, alén de un equipo galego.

O sábado decorreu a primeira xornada do campionato, na que se disputaron as dúas semifinais que enfrontaron os equipos de Ecuador e Colombia e Galiza e Uruguai. A pesares do que choveu, contan na web de Siareir@s Galeg@s (organizadores da proba, xunto coa Asociación de Veciños de Santa Mariña e o Club Deportivo Galicia de Caranza), houbo moito público que se chegou a seguir os partidos.

Na primeira semifinal Ecuador gañoulle a Colombia por 2-0, e na segunda Galiza gañoulle a Uruguai por 6-2. A xornada terminou no local da Asociación de Veciños, cuns petiscos para todos os participantes.

O público foi aínda máis o domingo, destacando a presenza da comunidade inmigrante na comarca, que animaron aos xogadores de Colombia e Uruguai que xogaban o primeiro partido, que rematou con vitoria dos uruguaios que conseguían o terceiro posto no campionato. Pola tarde comezaba o Galiza-Ecuador, que terminou cunha vitoria clara dos galegos por 4-0.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: