Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Día das Letras

Música e verbas a prol da nosa literatura

Con motivo do Día das Letras, a asociación de veciños da Cidade Vella da Coruña organiza cada ano a Festa da Cultura. Aquí podemos ver unha mostra do cortexo cívico do pasado ano.

Redacción - 09:00 13/05/2008

A Festa da Cultura comezou na praza de María Pita coa lectura do manifesto da asociación de veciños e coa interpretación, en clave de jazz, da xa tradicional Alborada da Veiga, por parte da Mr. Dixie Jazz Band.



A homenaxe realizada o pasado ano a María Mariño continuou polas rúas da Cidade Vella. Co "saúde e terra" na lingua, foron moitos os que aproveitaron para salientar o papel de egrexios personaxes da historia galega . Pola súa banda, Alberto Conde interpretou ao piano a súa persoal versión da Rianxeira.



As caboverdianas de Batuko Tabanka tampouco quixeron faltar neste día, unha data para saír á rúa e gozar coa lingua. A Coral Polifónica "El Eco" participou na xornada, coa interpretación da Alborada e do Himno Galego tras a queima simbólica dos versos de María Mariño.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: