Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Four Cross

Eva castro volve competir e queda sétima na primeira proba da Copa do Mundo

Foi coller rodaxe e tamén puntos a Eslovenia esta fin de semana. Comeza unha tempada á que afacerse, que continúa a finais de mes en Andorra.

Redacción - 11:29 12/05/2008
Eva Castro co seu novo equipamento

Eva Castro co seu novo equipamento

Esta fin de semana desenvolveuse en Maribor (Eslovenia) a primeira proba da Copa do Mundo de Four Cross, un circuíto no que a galega Eva Castro xa competira a pasada tempada despois de superar a súa lesión de clavícula.

Segundo comentaba no seu blog, o trazado da proba xa era coñecido, e gustáballe especialmente porque "ten un pouco de todo: curvas contraperaltadas, grandes saltos, pedras, raíces... se chove vai ser divertido!".

Agardaba non lesionarse, polo menos, pero o que fixo foi un bo papel que lle axuda a comezar a coller ritmo na competición: quedou sétima, despois de pasar a semifinais nun circuíto que ao final se lle resistiu un bocado, pero conseguiu entrar na puntuación (levan puntos as oito primeiras clasificadas) e coller rodaxe esta tempada. A gañadora da proba eslovena foi a vixente campioa da Copa do Mundo, a holandesa Anneke Berten, seguida de Anita Molcik e Fionn Griffiths.

A seguinte proba: o vindeiro 30 de maio en Vallnord (Andorra), na que Eva Castro agarda quedar en mellor posición que en Eslovenia.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: