Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova forza política no seo do BNG

Bota a andar "Espazo Aberto: socialista e galego"

Este sábado desenvolveuse en Compostela a Asemblea Nacional Preconstituínte de Espazo Aberto, unha nova forza política promovida no BNG.

Redacción - 10:00 12/05/2008

A nova formación nace co obxectivo de "reformular os principios do socialismo galego en conxunción coa ideoloxía nacionalista", contribuíndo a potenciar o labor político do BNG.

Logo de debater e aprobar o regulamento, elixiuse unha Comisión Xestora que ha dirixir a organización até que esta se constitúa formalmente a finais de ano.

No acto de clausura desta primeira asemblea, no que participaron unhas 150 persoas, Antonio Oca, membro da Comisión Xestora, salientou que "este novo proceso recolle os principios ideolóxicos que dende sempre estiveron presentes na forma de entender e exercer a política, dentro do proxecto común do nacionalismo político organizado que é o BNG e que representa: o nacionalismo de esquerdas de carácter socialista e republicano".


Documentos

3,89/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: