Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Estrea de web

Tempos Novos salta á rede

Con espazo en Vieiros até hai ben pouco, a revista mensual ten agora un recuncho de seu en internet.

Redacción - 11:15 09/05/2008

Nada en abril de 1997, Tempos Novos suma nos quioscos máis de 130 números, en palabras dos seus promotores, respondendo á tarefa de "interrogar libremente o curso do país, á marxe dos poderes, e informar para o debate e o coñecemento". Logo desta vizosa traxectoria, na cal Vieiros lle deu acubillo no que foi o Canal Tempos durante varios anos, Tempos Novos inaugura o seu propio espazo: TemposDixital.com.

Editada por Atlántica de Información e Comunicación de Galicia S.A., a publicación pon agora na rede parte dos seus contidos. Desta volta, entre outros poden ler a análise dos economistas Xavier Vence, Xoán L. Facal e Santiago Lago Peñas sobre a vindeira renegociación do financiamento autonómico. Recomendámoslles ademais o suplemento trimestral de libros Pro-texta, que pode descargarse integramente e de balde en formato .pdf.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: