Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Liga de Fútbol Sala

Lobelle e Azkar gañan o primeiro partido de cuartos de final

Os composteláns gañaron na visita ao poderoso Interviú e os lugueses resolveron con claridade diante do Carnicer Torrejón.

Redacción - 09:00 07/05/2008
Un partido anterior do Azkar e o Carnicer Torrejón

Un partido anterior do Azkar e o Carnicer Torrejón

Vai ferver o sábado en Santiago o pavillón compostelán, para recibir ao Interviú Fadesa, nun encontro onde o Lobelle se xogará o pase ás semifinais da Liga de Fútbol Sala. No primeiro choque, este martes en Alcalá de Henares, os galegos adestrados por Venancio López foron quen de conseguir a vitoria na prórroga cun gol de Carlinhos. O marcador final: 4-5. A vitoria ten ademais sabor de vinganza, despois de os composteláns perderen a final da Recopa diante dos madrileños.

E outra visita a Madrid que se resolveu con vitoria foi a dos lugueses do Azkar, que venceu por 1-3 na cancha do Carnicer Torrejón. O triunfo consegue ademais rematar cunha longa racha negativa dos galegos na Liga de Fútbol Sala.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: