Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Búsqueda de estabilidade

"Maior receptividade" no sector leiteiro para a aprobación dos contratos homologados

O conselleiro de Medio Rural mostrouse optimista con respecto á postura entre gandeiros e industrias lácteas para chegar a un acordo.

Redacción - 19:15 05/05/2008

Alfredo Suárez Canal mostrouse "optimista" ante a posibilidade de acadar o acordo para a sinatura dun contrato homologado entre os produtores e a industria leiteira. Na Mesa do Leite que se celebra este martes existen, segundo indica o conselleiro de Medio Rural, "mellores condicións e unha maior receptividade", que coa tentativa de hai un ano e salientou a "boa receptividade" que se percibe por ambas as dúas partes implicadas na negociación.

Dende a consellaría valoran o interese de produtores e de industrias de levar a bo termo este acordo e que entenderan como "paso positivo" o contrato homologado para coñecer "como vai evolucionar en cada campaña o prezo do leite".

O modelo de contrato presentado o sábado era, segundo Medio Rural, coñecida por todas as partes, xa que foi presentado en xullo do pasado ano, e as sucesivas modificacións foron realizadas tras as reunións mantidas entre sindicatos, cooperativas e industrias leiteiras cada sete ou 15 días.

O contrato
Este modelo de contrato homologado busca obter unha estabilidade do prezo para cada unha das campañas lácteas. De xeito mensual ou trimestral, procederíase a unha revisión na que quedasen reflectidas a evolución do mercado e a oscilación dos custes de produción. Conséguese así unha maior estabilidade, que beneficiará a todos os axentes do sector, a pesar das flutuacións estacionais que poidan xurdir.

UU.AA. apoiará o contrato homologado se os prezos son "obxectivábeis"


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: