Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'China International Gallery Exhibition'

A videocreación galega viaxa á China

Catro artistas da Galiza estarán presentes coa súa obra na feira de arte contemporánea máis importante do país asiático.

Redacción - 11:56 30/04/2008

Pablo Pérez Sanmartín, Antía Moure, Olaia Sendón e Ana de Matos exporán as súas obras canda a outros autores do Estado Español no marco dun proxecto titulado Lingüísticas da imaxe, comisariado por Menene Gras, co obxectivo de achegar a arte española máis vangardista a Asia. A China International Gallery Exhibition, que se celebra en Beixín do 29 de abril até o 3 de maio, é a feira de arte contemporánea máis importante do país.

Pérez Sanmartín presenta a peza We didn't start the fire, mentres que Ana de Matos leva a Beixín Face to face, na que cunha montaxe paralela contrapón o glamour da pasarela de moda co mundo laboral das industrias téxtiles da China. Pola súa banda, Antía Moure fala sobre as mentira das relacións persoais en Hasta que volviste; e Olaia Sendón afonda no fenómeno da comunicación no vídeo Iogures comunicantes.



Video-Poema de Antón Sobral, en Milán

Por outra banda, este mércores 30 de abril Antón Sobral presenta o seu video-poema Diario dunha muller que miraba ó mar no Instituto Cervantes de Milan. Trátase dunha videoproxección de seis minutos baseada nos poemas de Xaime Toxo, e na que intervén a actriz Rocío Touza. É a historia dunha muller que pasea a sua soidade ao lado do mar, tratando de esquecer un amor perdido e o seu progresivo namoramento das ondas daquel mar. No relato a muller lanza unha mensaxe cifrada como a botella dun náufrago: SOS. Non ser reina levoume anos.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Unha das imaxes de Antía Moure en 'Hasta que volviste'
Unha das imaxes de Antía Moure en 'Hasta que volviste'
Fotograma do video-poema de Antón Sobral
Fotograma do video-poema de Antón Sobral