Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A Fundación BBVA e EUROPARC-España presentan o Anuario de espazos protexidos

Galiza, cal e area na conservación de espazos protexidos.

 A superficie protexida en España é de 6 millóns de hectáreas terrestres (349.000ha en Galicia) e máis de 250.000 hectáreas mariñas (889.000). Andalucía e Cataluña lideran a protección do territorio, con máis de 1,6 millóns e 1 millón de hectáreas, respectivamente. O 14% da lonxitude dos ríos e o 36% da liña de costa atópanse protexidos.

Os datos de Galicia, teñen en conta a Rede Natura 2000, que na teoría, está protexido, mentres que no resto do Estado non. Os números falan a favor de Galicia, pero, a práctica non

FEG - 11:44 30/04/2008

  A Fundación BBVA e EUROPARC-España presentan o Anuario dos espazos naturais protexidos 2007, realizado en colaboración con todas as administracións públicas responsables da planificación e xestión destas áreas. O Anuario recolle e analiza a información de todos os espazos naturais españois protexidos baixo diferentes figuras legais co fin explícito e prioritario de conservar a natureza.

Andalucía e Cataluña lideran a protección do territorio
A comunidade autónoma que máis superficie protexida achega ao conxunto do territorio do Estado é Andalucía, con máis de 1,6 millóns de hectáreas, seguida por Cataluña, con case 1 millón de hectáreas, e por Castela e León, con 684.000 hectáreas protexidas. A comunidade que ten máis proporción de superficie protexida é Canarias (42,6%).

Dez comunidades autónomas superan a media do 12% da superficie protexida e tres delas -Canarias, Cataluña e A Rioxa- protexeron máis do 30% do seu territorio.

Galiza, ten na metade da táboa co 11,9%) da superficie do territorio protexido, isto é porque Galicia, e no papel, ten protexida a rede natura 2000 baixo a figura de Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), caixón de xastre que na práctica non serve para moito. Isto non acontece no resto das autonomías polo que, se engadimos a Rede Natura 2000 nestas, Galicia estaría peor ubicada.

O informe, destaca a Galicia, coma unha das autonomías que máis protexe a costa (zonas litorais ou mariñas) co 52% da lonxitude da nosa costa (So por diante Cataluña co 57%). Se temos en conta que tan so o Parque Nacional das Illas Atlánticas, e o Parque Natural de Corrubedo teñen unha figura de protección concreta, o resto (LIC de Corrubedo, ata Baroña, costa ártabra, Costa da Vela, Costa da Morte, etc..) son ZEPVN, que polo de agora non teñen unha protección nin concreta nin efectiva.

Este mesmo informe, destaca o pouco protexido a rede fluvial na cal so esta por riba da cunca do Tajo e o Segura
Segundo os datos, Galicia so aumentou en superficie protexida, nun 0,6% segundo o último informe, o cal é moi pobre, se temos en conta que a UE está a esixir máis superficie e máis espazos protexidos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: